Servidores de datos e servidores Web
Servers
Instalamos, cofiguramos e administramos servidores de última xeración da marca DELL, cos sistemas operativos máis avanzados do mercado.
Servidores de datos
Os servidores de datos son básicos en calquera empresa, xa que nos centralizan determinados procesos da informática dunha empresa.
Instalamos servidores marca DELL, como servidores de dominio (Active Directory) para xestionar as necesidades de calquera empresa, a todos os niveis (funcionais, seguridade, compartición de datos, accesos remotos, etc).
Somos especialistas en temas como:
- Descubrir vulnerabilidades. Uso de ferramentas de supervisión que permiten recoñecer e probar puntos vulnerables da infraestrutura de rede.
- Seguridade perimetral: Control de acceso ás aplicacións, datos e servizos co fin de que só poidan pasar pola rede usuarios e información lexítima.
- Implementación Redes Privadas Virtuais: Permite crear unha rede privada sobre unha rede pública. O tráfico viaxa cifrado a través dun túnel entre dous puntos.
- Sistemas de copias de seguridade automatizados, tanto en almacenamento interno á empresa, como en almacenamento remoto.
Servidores Web
Instalamos configuramos e mantemos servidores Web baseados en sistemas operativos Windows server 2000/2003/2008 e en sistemas Linux.
- Servizos Web baseados en sistemas IIS ou en Apache.
- Servizos FTP, con Windows ou Linux.
- Servizos de correo baixo Windows ou outros sistemas. (POP3)
- Servizos VPN (redes privadas virtuais.
Mantemento de instalacións e informático
informática/telefonía/servidores
Actualmente as pequenas e medianas empresas estan comezando a contar con servizos externos no mantemento dos seus equipos e aplicacións informáticas. Desta forma non só se aforran importantes custos en empregados e formación, senón que se obtén a seguridade de confiar esta tarefa a expertos.
Contratos de Mantemento Informático Anual:
O noso servizo inclúe o mantemento da súa rede e equipamento, sistemas de comunicación de datos (Computadores, Impresoras, ADSL, Cable, Redes Wireless, etc), consultoría técnica de informática, comunicacións, atención para resolver as dúbidas...
- Instalación / Verificación do sistema.
Encargámonos da instalación da súa rede local e equipamento informático, ou si xa dispón deste, da verificación do seu sistema actual de acordo coas súas necesidades.
- Soporte Telefónico.
Un servizo telefónico que lle garante axuda inmediata e permanente para resolver calquera consulta sobre o sistema en xeral.
- Soporte Técnico Remoto.
A través deste sistema, podemos conectarnos aos seus computadores desde as nosas oficinas co fin de solucionar os problemas existentes, aforrando tempo en desprazamentos e con total garantía de seguridade.
- Soporte Técnico Presencial.
Os nosos técnicos desprazásense ao seu domicilio para resolver calquera tipo de incidencia..
- Protección de datos (l.ou.p.d.).
Adaptamos os sistemas dos nosos clientes á lei de protección de datos vixente.
Atendemos ás empresas sen contrato de mantemento previa cita sen compromiso.
O noso servizo de mantemento informático integral adáptase ás necesidades de cada cliente, ofrecéndolle sempre o mellor servizo posible.
Non dubide en consultarnos ou en solicitar un orzamento sen compromiso.